El Correo Gallego

Noticia 2 de 186 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia inaugura o Nadal co acendido do novo alumeado

Este ano, por primeira vez, colaboraron no deseño da decoración o alumnado dos colexios do municipio

M. C.   | 13.12.2019 
A- A+

O Concello de Noia procederá hoxe, ás 19.00 horas, ao acendido do novo alumeado de Nadal. A localidade está engalanada cunha decoración novidosa, tanto nos seus adornos como na participación do seu deseño, por primeira vez, do alumnado dos catro colexios do municipio noiés: Felipe de Castro, Alexandre Cadarso, María Assumpta e Jaime Balmes.

Así, os elementos decorativos da rapazada conviven cos instalados dende a concellería de Comercio, que colocou catro: un candil de cuatro metros de altura na Porta da Vila, un banco con neve na praza do Cantón, un carro con renos na da Constitución e unha gran bola de luz no Tapal. Estes aderezos foron complementados con poinsettias naturais (flores de pascua) no casco histórico, así como noutras rúas da vila. O Concello de Noia agarda que o novo alumeado e decoración sexan un atractivo para fomentar a actividade comercial e hostaleira durante estas festas, polo que convidan aos visitantes "a descubrir estas postais".