El Correo Gallego

Noticia 19 de 177 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia licita a mellora de varios pozos de bombeo do municipio por 25.341 euros

M. CANO   | 18.11.2019 
A- A+

O Concello noiés saca a licitación o subministro e colocación de bombas en varios pozos de bombeo en San Lázaro, Obre e na entrada á estación depuradora de Noia por un importe de 25.341 euros e un prazo de execución de trinta días naturais. As empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 20 de novembro no Rexistro Xeral do Concello. O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explicou que "este investimento permitirá a substitución das bombas actuais, que se atopan en mal estado e provocan o mal funcionamento dos bombeos, polo que non só evitaremos vertidos á ría, senón que melloraremos a eficacia enerxética das instalacións". Así, a intervención inclúe a instalación de tres bombas mergullables nun pozo de bombeo emprazado na entrada da depuradora noiesa, no lugar de Abruñeiras (Barro), xa que as actuais teñen causado numerosas avarías nos últimos meses. Por outra banda, tamén colocarán dúas máis no pozo da rúa Malecón de San Lázaro. E finalmente, no caso do que está situado no Obre, a actuación consistirá na instalación de dúas válvulas de retención.