El Correo Gallego

Noticia 52 de 141 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Rematan as melloras na estrada comarcal que atravesa Boa

E. P. NOIA   | 08.05.2019 
A- A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora na estrada AC-550, ao seu paso pola parroquia de Boa, no Concello de Noia. Os traballos, cun investimento de case 40.000 euros, consistiron na construción dunha senda de formigón de 180 metros de lonxitude pola marxe esquerda da citada vía. Tamén se colocou un tramo de canalización para a recollida de augas pluviais.