El Correo Gallego

Noticia 51 de 100 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

NOIA

Ríos vai impartir un taller sobre o traballo actoral

M. C.   | 23.04.2019 
A- A+

O Concello de Noia organiza unha aula de introdución ao traballo actoral para a mocidade do 3 ao 5 de maio, baixo o título Entrenando ao meu actor. Está orientada a rapaces e rapazas entre 14 e 18 anos e será impartida pola actriz noiesa Ánxela Ríos. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 30 de abril e poderá formalizarse no primeiro andar da casa consistorial.