El Correo Gallego

Noticia 5 de 168 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Santiago Freire anunciou o inicio das obras de humanización da Praza das Américas

Xunta e Concello financian esta actuación, a cal inclúe tamén a remodelación deste punto da vila noiesa

M. C.   | 30.09.2019 
A- A+

Os traballos de humanización e ordenación da Praza das Amércias de Noia darán comezo esta semana. Así llelo confirmaron ao alcalde noiés, Santiago Freire, e ao concelleiro de Obras, Martín Fernández, os representantes da empresa adxudicataria, Barnacle Obras y Servicios SL, e da Dirección de Obra. Unha actuación adxudicada por 59.715,44 € pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o pasado mes de marzo e que conta cun prazo máximo de execución de tres meses.

Esta intervención contempla "a humanización e ordenación da Praza das Américas e a súa contorna para unha ordenación funcional do movemento dos vehículos e os peóns, a mellora da seguridade de ambos e a racionalización do espazo de aparcamento", explican dende o Concello.

Así mesmo, tamén se proxecta a construción de novos tramos de beirarrúas, formadas por losetas de taco asentadas con morteiro sobre unha soleira de formigón, as cales serán máis amplas e cun pavimento adaptado ás persoas con discapacidade.

En canto á isleta central deste punto da vila, realizarase unha nova de menor volume (pasará de ter forma circular a unha ovalada), sempre respectando a zona axardinada xa existente. Finalmente, arranxarase o firme.

Lembrar que a Xunta achega un 70 % do importe da obra, dentro do Plan Urbe. Neste sentido, o rexedor agradeceu "a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pois cada plantexamento que fixemos para Noia recibiu unha resposta positiva da conselleira", dixo.