El Correo Gallego

Noticia 4 de 168 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Sesións de portas abertas na sección noiesa da EOI

M. CANO   | 26.09.2019 
A- A+

Co gallo de facilitar información ás persoas que poidan estar interesadas en iniciar estudos na sección de Noia da Escola Oficial de Idiomas (EOI), a directiva noiesa organiza varias sesións de portas abertas ao longo do mes que vén. A primeira terá lugar no IES Virxe do Mar, onde se imparten as aulas, o martes día 1 ás 17.00 horas.

Coma cada setembro dende hai unha década, este departamento da EOI está inmerso no prazo de matriculación na modalidade oficial. Ofrecen cursos de lingua inglesa dende o A1 (principiante) ao C1 (usuario avanzado), ofertado por primeira vez, e catro certificacións en Francés, dende o A1 ao B2 (usuario intermedio-alto). Nos últimos anos, o número de matriculados na sede da escola en Noia oscila entre os 170 e os 240 discentes.