Miércoles 16.10.2019 Actualizado 19:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 3 de 10 noticia anterior de O Pino Área de Compostela » O Pino

Formación en xardinería no Pino para vinte alumnos

Arrancou en outubro o obradoiro, que tivo unha achega da Xunta de 317.000 € // Facilitar a inserción laboral de todos os participantes é un dos obxectivos centrais

Alumnos con Rodeiro (5.º drta.) e membros das corporacións de Arzúa e O Pino - FOTO: Xunta de Galicia
Alumnos con Rodeiro (5.º drta.) e membros das corporacións de Arzúa e O Pino - FOTO: Xunta de Galicia

A. PRADA O PINO   | 25.07.2019 
A- A+

Acaba de rematar no Pino o obradoiro de emprego de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que deu formación a unha vintena de alumnos. Arrancou o pasado mes de outubro e contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 317.000 euros. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de clausurar este taller formativo, promovido polos concellos do Pino e Arzúa, en colaboración co Goberno autonómico.

Os traballos prácticos dos participantes na localidade arzuá consistiron no acondicionamento e reparación de mobiliario en A Peroxa, Boente, Punta Brea e camiño en Fonte Prata. Ademais, leváronse a cabo labores de mellora de espazos para contedores nos lugares de Castañeda, Fraga Alta, Laberco, Preguntoño, Cortobade, Taberna Vella e en diferentes puntos de Portela-Ribadiso. Tamén se instalaron varandas na zona das Barrosas e creouse unha área de descanso no Raido-Preguntoño.

No caso do Pino, acondicionáronse as zonas de Carballeira no Outeiro e as áreas de descanso de Lengüelle, Cerceda e Santa Irene. Instalouse tamén un invernadoiro no municipio e colocáronse 64 contedores en diferentes puntos.

O representante autonómico destacou na súa intervención que "estes obradoiros, que promove a Xunta coa colaboración dos concellos, permiten aos participantes obter u­nha cualificación profesional que favorece a súa posterior inserción laboral". Esta capacitación, segundo agregou, "impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben coñecementos específicos que lles permiten iniciar os seus propios proxectos".

Finalmente, felicitou a todos os beneficiarios "porque, a partir dagora, estades mellor preparados que fai nove meses para atopar un posto de traballo" ao ter formación específica.