El Correo Gallego

Noticia 4 de 7 noticia anterior de O Pino Área de Compostela » O Pino

Melloras nas vías da AC-54 para dar servizo á veciñanza de Castrofeito

Poderán acceder ao núcleo de Lavacolla e ao aeroporto sen ter que entrar na autovía

A.P. O PINO  | 30.03.2019 
A- A+

Dende o Concello do Pino veñen de comunicar que Fomento atenderá a petición do alcalde, Manuel Taboada, e asfaltará as vías de servizo paralelas á autovía de Lavacolla á altura da conexión coa de Lugo. Unha medida, explicaron fontes municipais, da que se beneficiarán os veciños de Castrofeito e doutros lugares do municipio, que poderán acceder ao núcleo de Lavacolla e ao aeroporto sen necesidade de entrar na autoestrada.

O rexedor tamén solicitou ao organismo estatal que asfalte as vías de servizo paralelas á A-54 en Ferreiros e que "en todas os sinais nos que se faga referencia a localidades do municipio se inclúa a palabra O Pino para facilitarlle a localización a todos os usuarios", apuntou.

Manuel Taboada pediulle ao Goberno central o asfaltado dos viais de servizo que van parellos á autovía, a altura da antiga rotonda de Lavacolla e incluíu nas súas demandas que a nova ponte que se construíu sobre a A-54 nesta zona permita conectar a N-634 co outro lado da calzada.

Manuel Taboada Alcalde de O Pino "Queremos que se inclúa o nome O Pino en todos os sinais verticais"