Miércoles 16.10.2019 Actualizado 19:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 2 de 10 noticia anterior de O Pino Área de Compostela » O Pino

Rosa Cedrón actuará no Pino durante a estrea do vídeo turístico da vila

A. P.   | 23.07.2019 
A- A+

O Pino. Hoxe pola noite, ás 21.30 horas, a Praza de Forcarei do Pino acollerá a presentación do vídeo turístico do Concello, producido por Xurdir. A estrea do proxecto audiovisual Sinte o latexo, ven a O Pino estará presidida polas autoridades municipais e contará coa actuación especial da cantante e violonchelista Rosa Cedrón, que dará un concerto gratis para todos os presentes en dito acto.

Ademais, o alcalde do municipio, Manuel Taboada, aproveitará a ocasión para adiantar algúns detalles da vixésima edición da Festa do Galo Piñeiro, unha cita anual que reúne a tradicional mostra cabalar coa feira do galo.