Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chegaron a pouco os máis de tres mil quilos de champiñóns onte en Ordes

    ExpoOrdes pechaba onte as súas portas e facíao coa xornada máis agardada; a da Festa do Champiñón. O bo tempo axudou a que este ano fose todo un éxito, de feito, fontes municipais aseguran que "chegaron a pouco" os máis de tres mil quilos de champiñóns que prepararon os hostaleiros. Foron moitos os restaurantes que elaboraron o produto estrela e veciños e visitantes non daban abasto para probar todas as receitas. Pero máis alá da parte gastronómica, tivo tamén gran atractivo a mostra de maquinaria agrícola, ata a cal se achegou moito público que "aproveitou para vir aquí despois de ir votar", indican dende o Concello. Non faltaron tampouco os postos de artesanía. Reuníronse unha trintena que ofreceron produtos moi variados como coiro, bisutería, xoiería, abelorios e elementos feitos con madeira, vidro, doces ou roupa confeccionada con la e gancho. Houbo espazo, por suposto, para a música da man da Banda de Música de Ordes, dos gaiteriros de Semente da Arte e da charanga Santa Compaña. O evento volveu ser un ano máis o mellor medio para estreitar lazos entre sector empresarial e clientela.

    28 abr 2019 / 22:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito