Lunes 21.10.2019 Actualizado 00:39
Google    

El Correo Gallego

Noticia 16 de 48 noticia anterior de Ordes Área de Compostela » Ordes

Destacan os beneficios do Bono Autónomo en Ordes

G. ORDES   | 13.07.2019 
A- A+

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou onte a  mpresa de mercancías, Javier Vilariño Couselo, un dos beneficiarios, o ano pasado, do Bono Autónomo da comarca de Santiago, que recibiu o máximo que permite esta orde, 3.000 euros, para a adquisición dunha carretilla elevadora de 2.5 toneladas para a recollida de vehículos accidentados ou avariados. O representante do goberno autonómico destacou que, nesta comarca o ano pasado  recibiron esta axuda 109 persoas e as achegas totais qforon de máis de 248.000 euros. Rodeiro destacou en relación coa convocatoria de axudas do Bono Autónomo, que “a Xunta vén de aprobar por terceiro ano consecutivo con axudas de ata 3000 euros para apoiar investimentos”.