El Correo Gallego

Noticia 33 de 45 noticia anterior de Ordes Área de Compostela » Ordes

Eli Ríos divulga en Ordes a obra 'Remexido de patacas'

M.M.O.   | 10.04.2019 
A- A+

ORDES A escritora Eli Ríos presenta a súa obra Remexido de patacas o vindeiro venres ás 20.00 horas na librería ordense Tango nun acto no que tamén participarán a ilustradora e artista visual Nana e Belén López, directora de Baía Edicións. Nada en Londres, está moi vinculada a Ordes, xa que parte dos seus primeiros anos de vida transcorreron neste municipio. En dita publicación, mantense fiel á súa interpretación da actividade literaria como canle de compromiso, crítica e cambio social. O libro preséntase como "unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade", avogando pola "eliminación das desigualdades nos costumes para comezar a sentir os beneficios tanto no lector como na xente de arredor".