El Correo Gallego

Noticia 1 de 34 noticia anterior de Ordes Área de Compostela » Ordes

Lanzamento hoxe en Ordes da sonda MarumaSat IV

M. OUTEIRO   | 28.05.2019 
A- A+

A Axencia Espacial Escolar Galega confirma que hoxe chegará a solta do globo de helio da MarumaSat IV ás 12.00 horas desde o IES Maruxa Mallo de Ordes, aproveitando a segunda data do permiso de AENA. Hai que lembrar que as condicións atmosféricas obrigaron a suspender o lanzamento fixado para o pasado 10 de maio, pero para a xornada do martes tiñan xa previsión de bo tempo. Esta iniciativa dá continuidade ao lanzamento das sondas estratosféricas MarumaSat I, II e III nas primaveras de 2016, 2017 e 2018 respectivamente desde o IES Maruxa Mallo de Ordes. A nova sonda foi fabricada no IES Miraflores en Oleiros, e tamén participarán o IES Marco do Camballón, o IES Arcebispo Xelmírez II; o CPI O Cruce e o IES Ferrol Vello.