El Correo Gallego

Noticia 8 de 59 noticia anterior de Ordes Área de Compostela » Ordes

Ordes loita contra os excrementos caninos na vía

Campaña municipal ata o 30 de abril con multas de ata 500 € para que non recolla

M. OUTEIRO   | 27.02.2020 
A- A+

O rexedor de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, vén de asinar un bando onde anuncia unha campaña que, ata o vindeiro 30 de marzo, tratará de l­oitar contra o abandono de excrementos dos cans nas vías públicas deste municipio de Área. Así, establécense sancións de 100 a 500 euros a quen non recolla "de inmediato" as deposicións das súas mascotas fora da súa casa.

Segundo o bando, "a non recollida dos excrementos caninos na vía pública ademais dun comportamento incívico, supón un risco para a seguridade dos peóns nas vías públicas, así como grande problema de salubridade, polo posible contaxio de enfermidades". E para asegurar que estas circunstancias non cheguen a sucederse, bota man da Lei 4/2017 de 3 de outubro de Proteccción e Benestar dos Animais de Compañía onde se recolle a obriga de que os donos leven os desperdicios dos seus animais.

Do mesmo xeito, dende o Concello de Ordes aluden como un dos alicerces da campaña ás "numerosas queixas dos veciños polo reiterado incumprimento desta obriga legal" que foi comunicada á Policía Local. A omisión do cumprimento da normativa, recollida na mesma lei antes citada no seu artigo 38 i. e 41.1 a., estará calificada como leve, pero pode acarrexar unha sanción económica de 100 a 500 euros.