El Correo Gallego

Noticia 38 de 40 noticia anterior de Ordes Área de Compostela » Ordes

Ordes prepara o Entroido, que arrancará o día cinco de marzo

A.P.   | 26.02.2019 
A- A+

Ordes. O Concello ordense está a organizar todo para vivir un ano máis o Entroido, e esta vez o programa arrancará o martes 5 de marzo. Ese día, a Tarde de Entroidada encherá a alameda de animacións, xogos, obradoiros e baile dende as 16.30 ata as 19.30 horas. O Sábado de Piñata volverá a desbordar nas rúas da vila a fantasía. A cita será o 9 de marzo, a partir das 17.00 horas, co gran desfile que rematará no Campo da Feira, escenario para o concurso de disfraces, carrozas e comparsas no que se repartirán 4.500 euros en premios. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 6 de marzo no departamento de Cultura e Deporte. Tamén se pode chamar ao teléfono 981 680 002.