El Correo Gallego

Noticia 10 de 53 noticia anterior de Ordes Área de Compostela » Ordes

Ordes volveu ceder unha parcela para a Garda Civil

M. MANTEIGA   | 03.12.2019 
A- A+

O pleno de Ordes aprobou, ca abstención do Bloque, a cesión da finca rexistral número 22.734 (sita no Paraíso dentro da delimitación na UA-13 das NNSS de Planeamento) para que se poña a disposición, como xa ocorrera o 29 de setembro de 2009, da Gerencia de Infraestructuras y Equipamiento de la Seguridad del Estado (GIESE) e se constrúa alí un novo cuartel da Benemérita.

Do mesmo xeito, acordouse -por unanimidade- o plan normativo anual municipal 2020 e unha bonificación no ICIO de licenza urbanística de ampliación de explotación gandeira. Ademais, adicarase ao empresario finado Ramón Carro Romero un tramo da rúa Nova (entre a Rosalía de Castro e a de Galicia).

Fóra xa da sesión, o goberno popular vén de formalizar na notaría de Ordes a adquisición dos terreos de tres solares contiguos no Barrio do Piñeiro pensados para servizos básicos á comunidade. O importe foi de 71.519 €.