El Correo Gallego

Noticia 3 de 59 noticia anterior de Ordes Área de Compostela » Ordes

Rematan as beirarrúas que dan acceso a Fonte do Casal

Estas obras ordenses melloran a calidade de vida dos veciños // Contemplan executar no 2020 un novo tramo noutra zona

Imaxe do tramo que dá acceso a Fonte do Casal no que se fixeron as obras - FOTO: C.O.
Imaxe do tramo que dá acceso a Fonte do Casal no que se fixeron as obras - FOTO: C.O.

CARLOS SOUTO   | 02.01.2020 
A- A+

O Concello de Ordes vén de confirmar que xa están practicamente rematadas as beirarúas no tramo que da acceso a denominada Fonte do Casal, onde tamén se atopa o lavadoiro, sendo este un importante punto de paseo a pé para boa parte da veciñanza de Ordes. Esta actuación supón un importe de 48.000 euros.

O proxecto executado contempla a formación de 342 metros lineais de beirarrúa, con dez centímetros de xabre e dez de formigón, incluso maiazo e xuntas de dilatación e colocación de bordo de formigón prefabricado, previa execución de movemento de terras necesario.

Antes de executar o pavimento contémplase a canalización de 342 metros de tubería de polietileno corrugado de 315 milímetros de diámetro e faranse doce pozos de rexistro con sumidoiro para a recollida de augas pluviais; e canalización de tubo de polipropileno verde para a iluminación pública, previa escavación de zanxa, posterior recheo compactado da mesma e reposición do pavimento da calzada afectado pola execución das obras, semellante ó existente. Completaron o labor unha partida para adaptación de pozos e arquetas a nova rasante.

Ao longo de 2020 prevese que se poida executar un novo tramo noutra zona do lugar, concretamente nas proximidades do CEIP Campomaior, habitualmente empregada por moitos viandantes. É unha actuación moi necesaria porque existen varias estreiteces que a fan insegura.