El Correo Gallego

Noticia 7 de 27 noticia anterior de Ordes Área de Compostela » Ordes

Rematan o Camiño máis dun cento de ordenses

Os 130 veciños de Ordes que completaron o Camiño Portugués, que levan facendo dende setembro de 2018, posan ante a Catedral de Santiago - FOTO: C.O.
Os 130 veciños de Ordes que completaron o Camiño Portugués, que levan facendo dende setembro de 2018, posan ante a Catedral de Santiago - FOTO: C.O.

A.P.   | 09.04.2019 
A- A+

ORDES Un grupo composto por 130 veciños de Ordes veñen de chegar a Compostela, tras estar facendo nos últimos meses distintos tramos do Camiño Portugués pola costa. Finalizaron a aventura o pasado sábado e como manda a tradición, ao mediodía escoitaron a misa do peregrino, iso sí, fixérono na igrexa de San Francisco debido as obras que se están a realizar na nave catedralicia. Para celebrar o final da experiencia, regresaron a Ordes onde desfrutaron dunha comida. A primeira etapa arrancou o pasado setembro de 2018 dende A Guardia ata Oia. As seguintes foron Oia-Baiona, Baiona-Vigo, Vigo-Redondela, de Redondela a Pontevedra, Pontevedra-Caldas de Reis, Caldas de Reis-Padrón e finalmente Padrón-Santiago. Realizaron unha ao mes.