Miércoles 16.10.2019 Actualizado 18:35
Google    

El Correo Gallego

Noticia 30 de 113 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Apoio a 9 pemes de produtos do mar da área barbanzana

Rodeiro informou da resolución das achegas durante a visita a Fiss SA, unha das beneficiarias // Recibirán 645.000 euros

Ovidio Rodeiro, cuarto pola esquerda, durante a visita á empresa Fiss SA - FOTO: ECG
Ovidio Rodeiro, cuarto pola esquerda, durante a visita á empresa Fiss SA - FOTO: ECG

MARÍA CANO   | 20.09.2019 
A- A+

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou onte da resolución das axudas para que as pemes de transformación de produtos do mar poidan mellorar a súa competitividade. Na comarca do Barbanza "son 9 as empresas que cumpriron os requisitos e recibiron estas achegas que ascenderon a máis de 645.000 euros nos concellos de Boiro (2 axudas), Muros, Outes, Porto do Son, Rianxo e Ribeira (3 axudas)", destacou.

Así o anunciou o representante do Goberno autonómico durante a visita a unha das empresas beneficiarias, Fiss SA que contou cunha aportación de máis de 30.000 euros para levar a cabo a optimización do proceso de envasado e acondicionamento de especies peláxicas para garantir melloras das condicións dos traballadores.

Ovidio Rodeiro sinalou que "os beneficiarios destas subvencións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), son pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura", dixo.

O obxectivo desta liña de axudas é que o sector transformador dos produtos do mar poida mellorar a súa eficiencia enerxética, reduza o impacto no medio ambiente, promova a innovación e mellore a súas condicións de traballo e seguridade, o que contribúe a incrementar a súa competitividade e mellorar os seus resultados económicos.