El Correo Gallego

Noticia 34 de 100 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Custodian os restos do aparello Sin Querer Dos

Fotografía dos restos que se atopan na lonxa de Porto do Son - FOTO: C.G.
Fotografía dos restos que se atopan na lonxa de Porto do Son - FOTO: C.G.

C.E. PORTO DO SON.   | 09.07.2019 
A- A+

Efectivos de Salvamento Marítimo traballaron nas pasadas xornadas onde se afundiu, o pasado decembro, o cerqueiro Sin Querer Dos, para retirar aparello do barco que saíu a flote. “O domingo chamaron á lancha de Porto do Son avisando de que había restos de aparello flotando e estaban onde se afundiu a embarcación, polo que procederon a extraer o mesmo na zona coñecida como O Profundo”, explicou o patrón maior do municipio, Emilio Queiruga. Finalmente só puideron recuperar unha parte “porque iso é moi pesado”, sinalou, polo que o punto onde se atopaban, situado a catro millas e media de Fisterra, quedou balizado e onte enviaron un remolcador para tratar de retiralos. As redes atopadas están baixo custodia.