El Correo Gallego

Noticia 47 de 94 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

García garante o apoio da Xunta aos maiores

M. CANO PORTO DO SON  | 02.05.2019 
A- A+

A conselleira de Política Social, Fabiola García (co micro na foto), destacou onte o esforzo da Xunta por construír unha Galicia cada vez máis coidadosa e atenta ás inquedanzas das persoas maiores. Fíxoo durante a décimo novena xuntanza de confraternidade dos xubilados de O Son. García sinalou que o obxectivo é continuar e achegar ata a porta da casa os recursos que os de máis idade precisan no seu día a día para que así poidan permanecer nas súas contornas e ao carón das súas familias. Neste sentido, referiuse ao reforzo de programas como o Servizo de Axuda no Fogar ou o Xantar na casa. A conselleira sinalou que estes homenaxeados son un dos piares fundamentais de Galicia.