Jueves 24.10.2019 Actualizado 01:11
Google    

El Correo Gallego

Noticia 13 de 116 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Inauguran no museo Marea a mostra 'O océano que nos une', dispoñible ata o 14

Pola dereita, Vázquez, Oviedo e Oujo onte na inauguración da exposición - FOTO: ECG
Pola dereita, Vázquez, Oviedo e Oujo onte na inauguración da exposición - FOTO: ECG

ECG  | 05.07.2019 
A- A+

PORTO DO SON O Museo Marea de Porto do Son acolle desde onte a exposición O océano que nos une, a mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Os dez paneis informativos estarán abertos ao público ata o 14 de xullo, de martes a domingo en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.30 a 19.30 horas. A benvida do acto de inauguración correu a cargo de Luis Oujo, o alcalde sonense, mentres que Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, foi a encargada de realizar unha presentación da rede REMA, na que explicou as liñas xerais do proxecto Morada Atlántica e salientou as características máis notables de todos os espazos que actualmente forman parte deste grupo de salas expositivas. Pola súa banda, o técnico de xestión do Marea, José Manuel Vázquez, afirmou que, xunto coa mostra, tamén se poderán ver os elementos destacados no panel deste espazo e fixo fincapé na necesidade de "visibilizar os servizos dos pequenos museos locais a prol da investigación e divulgación dos territorios onde se asentan". O océano que nos une percorrerá ata novembro a costa de Galicia con mostras temporais.