Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Investimento para rematar coas avarías no abastecemento do Son

Rueda lembrou que o Concello recibiu nos últimos anos máis de 1,5 millóns para melloras ambientais, equipamento e infraestruturas // Os traballos na planta inclúen a substitución dos tubaxes e tamén arranxos eléctricos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, achegouse onte ata Porto do Son para comprobar os traballos de mellora na rede de abastecemento do concello, para os que a Xunta concedeu este ano unha subvención de 80.460 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Unha actuación que inclúe a substitución dos tubaxes actuais para reducir o número de avarías e roturas e a mellora da instalación eléctrica e de control da estación de tratamento de auga potable (ETAP). Durante a visita, Rueda lembrou o investimento millonario neste municipio acompañado pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o delegado territorial, Ovidio Rodeiro, e o alcalde, Luis Oujo.

Respecto á intervención, o rexedor resaltou a importancia deste tipo de actuacións "sobre todo nestes tempos que corren onde cada vez máis se está notando a escaseza de auga durante o verán, período durante o cal a poboación sufre un incremento moi grande". Por eso destacou que "é fundamental acometer melloras na rede de abastacemento que supoñen un aforro no consumo de auga e tamén de enerxía".

Por outra parte, no marco das subvencións da Orde de Infraestruturas de uso público, o concello de Porto do Son recibiu o ano pasado máis de 29.000 euros para cambiar as carpinterías da fachada e as cubertas, así como nas portas do garaxe do edificio de usos múltiples co obxectivo de mellorar o seu illamento e evitar a entrada de auga.

O Goberno autonómico ten investido nos últimos dez anos, a través de varias ordes de axudas como o Fondo de Compensación Ambiental ou a Orde de Infraestruturas de uso público, máis de 1,5 millóns de euros para desenvolver usos recreativos e didácticos dos recursos naturais do municipio; así como acometer melloras nas instalacións de abastecemento de auga, na rede de saneamento e no alumeado público de varios núcleos. Asemade, tamén se realizaron diferentes intervencións en parques infantís e instalacións deportivas ou de pavimentación de viais.

Por todo iso, o vicepresidente do Executivo galego destacou a importancia da colaboración da Administración autonómica e a municipal, para executar proxectos que melloren a calidade de vida e redunden no benestar da cidadanía.

Ademais, a través da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, da que forma parte o municipio sonense, o Goberno galego financiou a adquisición de equipamento como un parque de colectores, un remolque para vertedoiro ou unha pala cargadora. Este mesmo ano, a través do Fondo de Compensación Ambiental, a Xunta de Galicia outorgou unha axuda de 70.200 euros a este ente supramunicipal para a compra dunha pala de rodas.

{ BLANCO O NEGRO }

Priorizar y sanear

EL SANEamiento DEBE ser una prioridad para las administraciones, tanto autonómicas como municipales. El correcto funcionamiento de las estaciones de tratamiento de agua potable es fundamental para conseguir la máxima limpieza de nuestras rías. De ahí la importancia de solventar las deficiencias que presentan las plantas, en muchos casos por la falta de mantenimiento y conservación de las instalaciones. En el caso de O Son, este servicio siempre ha sido una prioridad para el gobierno de Luis Oujo. Prueba de ello es que el pasado año en los casi 30 kilómetros de costa sonense sus aguas alcanzaron una calidad excelente.

O PROTAGONISTA

Luis Oujo

Alcalde de Porto do Son

"MELLORA DA CALIDADE DAS AUGAS"

O alcalde de Porto do Son mantivo onte un encontro cos veciños da parroquia de Xuño para informalos de que xa poden conectarse ao servizo de saneamento unha vez rematadas as obras dos colectores xerais deste núcleo, as cales beneficiarán ao redor de 80 vivendas. O mandatario local resaltou que unha vez executados estes traballos "o seguinte paso será acometer as obras de saneamento de Caamaño, que xa están en fase de licitación e que esperamos que estén concluídas antes do próximo verán". Unha vez rematadas ambas actuacións, darán servizo a máis de mil habitantes, o que suporá tamén "unha mellora da calidade das augas". Luis Oujo resaltou que nestes momentos "temos sobre o 80 % do territorio sonense saneado", a falta de Queiruga e San Pedro. Traballarán ata completar o 100 %, "xa que é o noso compromiso", asegurou.

15 nov 2019 / 22:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito