El Correo Gallego

Noticia 60 de 94 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Nova xornada de xuventude e emprego, este xoves na casa da cultura sonense

SUSO SOUTO O SON  | 09.04.2019 
A- A+

O auditorio da casa da cultura de Porto do Son acollerá este xoves día 11 de 09.00 a 13.30 horas a V Xornada xuventude e emprego: emprendemento dende o sustentable, para fomentar a iniciativa emprendedora entre mozos e mozas da zona. A primeira charla terá lugar ás dez menos cuarto, versará sobre a importancia dunha boa idea empresarial e a súa maduración e correrá a cargo de Rafael Vázquez,

economista da Fundación Ronsel. As seguintes serán sobre a cooperativa como fórmula para o autoemprego (incidindo nas xuvenís) e será impartida por Rosa Álvarez, técnica da unión de cooperativas Espazocoop. A continuación exporán as súas experiencias Ruth González (xerente de SonAgasallo); Susana Pena Liaño e Soraya Romero Gabarri (de Mulleres Colleiteiras, S. C. Galega); José Piñeiro Pérez (responsable da firma Instrumentos Nebra); e Alexandra Touza (directora da páxina web www.ponlecaraalturismo.com). A clausura deste foro celebrarase á unha da tarde coa actuación musical de Alba & Loren. A participación neste encontro formativo é gratuíta, pero será necesario facer unha inscrición previa.