El Correo Gallego

Noticia 52 de 101 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Porto do Son imparte un curso sobre cooperativismo para emprendedores

Desenvolverase do 21 ó 24 deste mes e o prazo para anotarse vai rematar o venres

SUSO SOUTO PORTO DO SON  | 07.05.2019 
A- A+

O Concello sonense, como entidade adherida á Rede Eusumo, e a unión de cooperativas Espazocoop, vai poñer en marcha unha acción formativa neste ámbito, que terá lugar os días 21, 22, 23 e 24 deste mes en horario de 09.30 a 14.30 horas.

Os participantes traballarán os aspectos esenciais do emprendemento baixo a fórmula do cooperativismo como alternativa de emprego, así como a organización e financiamento deste tipo de sociedades, e coñecerán diversas experiencias nese eido. O curso vai dirixido a persoas con inquedanzas e interese no traballo en común, emprendedores e público interesado en xeral.

Ademais, esta actividade está incluída no catálogo de capacitación puntuable para os Permex de marisqueo a pé (0,40 puntos).

Os interesados en obter máis información e inscribirse poden dirixirxe ó Servizo de Orientación Laboral (sito no segundo andar da casa consistorial). O prazo para anotarse abreu onte e pechará o día 10. As prazas, limitadas, asignaranse por orde de reserva.

Antonio Romero

Concejal de emprego

Esta actividade é puntuable para obter os Permex de marisqueo a pé"