El Correo Gallego

Noticia 72 de 103 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Porto do Son mellora o acceso ao Outeiro con dúas actuacións

Imaxen da pasarela coa que se mellorou o acceso á zona do Outeiro, en O Son - FOTO: ECG
Imaxen da pasarela coa que se mellorou o acceso á zona do Outeiro, en O Son - FOTO: ECG

MARÍA CANO PORTO DO SON   | 04.04.2019 
A- A+

O Concello de O Son vén de concluír dúas obras co fin de mellorar o acceso ao lugar do Outeiro. Unha das actuacións consistiu na colocación dunha pasarela de madeira. A outra, recén finalizada, levouse a cabo na rúa Entremurallas, vía de acceso directo da citada zona co núcleo urbano, no tramo que comunica coa praza Pilón. Os traballos incluíron as melloras dos servizos e o acceso da misma coa construción dunha rampla. Ambas executadas con fondos municipais.

Estas reformas "forman parte do firme compromiso que o goberno local ten co plan de accesibilidade aprobado pola Corporación no ano 2017, co que se pretende eliminar as barreiras arquitectónicas existentes", sinalou a tenente de alcalde sonense, María Maneiro.