El Correo Gallego

Noticia 9 de 93 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Programa de reforzo e apoio educativo en Porto do Son

M. C.   | 20.06.2019 
A- A+

Lograr a mellora persoal dos menores que se atopan en situación de dificultade ou exclusión e incrementar a súa autonomía, participación e integración normalizada no seu ámbito familiar, escolar e social, é o obxectivo do programa de reforzo educativo e apoio familiar que o Concello de Porto do Son puxo en marcha o pasado mes de febreiro.

Financiado con fondos europeos, actualmente conta con 33 alumnos do municipio que, a través dos talleres, desenvolven a autoestima; facilitan a superación das resistencias individuais e colectivas que impiden un mellor posicionamento ante o conflicto; traballan estratexias que favorezan a capacidade de comunicación ou impulsan experiencias que promovan condutas baseadas na formación en valores.

As sesións, que se levan a cabo no núcleo sonense e nas parroquias, rematan en outubro e aínda quedan dezasete prazas baleiras. Os interesados poden solicitar máis información no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao número 981 867 414.