El Correo Gallego

Noticia 7 de 143 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Rafael Vázquez informará o día 12 no viveiro sonense das 3 liñas de axudas PEL

S. S.   | 27.02.2020 
A- A+

O Concello de Porto do Son organizou para o próximo xoves 12, ás 16.30 horas, unha sesión informativa sobre as axudas do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, dirixidas ao tecido empresarial da provincia.

En concreto, a sesión versará sobre as liñas Pel Emprende Investimento, para o apoio ao investimento en bens inventariables; Pel Pemes Creación e Ampliación, para crear ou aumentar o cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas; e Pel Pemes Mantemento, para soster plantillas.

Rafael Vázquez, economista da Fundación Ronsel especializado en asesoramento a emprendedores, será o encargado de impartir a sesión no viveiro de empresas. As persoas interesadas en participar deben facer a súa inscrición no Servizo de Orientación Laboral do Concello (no segundo andar da casa consistorial) ou chamando ó teléfono 981 867 412. As prazas son limitadas.