El Correo Gallego

Noticia 69 de 101 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

O Son organiza un curso de iniciación á lingua de signos

E. P. O SON   | 06.04.2019 
A- A+

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns -dependente da Consellería de Sanidade- organiza un curso de iniciación á linguaxe de signos que vai ter lugar o día 26 deste mes no viveiro de empresas, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Esta acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a profesionais do ámbito educativo ou sanitario, coidadores e á cidadanía en xeral. A sesión correrá a cargo de Jaime Fernández Gil, especialista en linguaxe de signos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). As inscricións poden realizarse no Servizo de Orientación Laboral (no segundo andar da casa consistorial) ata o 8 de abril. As prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición.