El Correo Gallego

Noticia 3 de 23 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

O Son prepara un curso de primeiros auxilios o día 12

E. POUSO   | 08.03.2019 
A- A+

O SON O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente da Consellería de Sanidade, está a organizar unha nova edición do curso de Primeiros Auxilios, de catro horas de duración, que vai ter lugar o vindeiro martes. Esta acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a pacientes, aos seus familiares e coidadores e a cidadanía en xeral.