El Correo Gallego

Noticia 86 de 101 noticia anterior de Porto do Son Área de Compostela » Porto do Son

Xornada sobre as entrevistas de traballo en Porto do Son

S. S.   | 18.03.2019 
A- A+

O Concello de Porto do Son vai celebrar o vindeiro martes día 26, nas aulas do viveiro de empresas, unha nova sesión para a busca de emprego. Nesta ocasión, o tema a tratar vai ser a preparación das entrevistas de traballo e outras probas de selección.

Os participantes nesta sesión aprenderán unha serie de técnicas para preparar e enfrontarse con éxito a u­nha entrevista de traballo. Ademais, coñecerán outras ferramentas de contratación de persoal, como por exemplo as dinámicas de grupo, cada vez máis utilizadas en este tipo de procesos.

A actividade terá unha duración de dúas horas e abordaranse aspectos como a preparación dunha entrevista laboral; preguntas frecuentes; erros máis comúns neses encontros; a reformulación positiva; as probas específicas como método de elexir ós mellores.

As persoas interesadas en obter máis información e facer inscricións poden dirixirse ó Servizo de Orientación Laboral do Concello sonense (sito no segundo andar da casa consistorial). As prazas para poder participar son limitadas.