Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Actuacións de conservación e limpeza do río Pedre, no municipio de Rianxo

CONSERVACIÓN A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Pedre, no concello de Rianxo. Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste leito ao seu paso polo lugar de Santa Comba, na parroquia de Taragoña. As obras céntranse na retirada de pólas e restos vexetais da canle, así como na eliminación de especies invasoras -canas e bambú- no inicio do tramo. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo público Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Centro e as de acceso e protección. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

03 jul 2019 / 20:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito