El Correo Gallego

Noticia 12 de 31 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Arranca no IES de Rianxo a Semana da Diversidade

S. S.   | 25.03.2019 
A- A+

O IES Félix Muriel de Rianxo organizou unha variada programación no marco da Semana da Diversidade, para a que invitaron a instalar stands no centro ás asociacións Ambar, Amipa, Asanog, Médicos del Mundo, Bocalán e Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Ó longo dos vindeiros días, nos recreos haberá obradoiros de sensibilización organizados polo alumnado.

Entre as actividades previstas destacan, por exemplo, un xogo da oca sobre os dereitos humanos e un taller de terapia emocional con cans, cos que arranca hoxe a iniciativa do instituto de Secundaria local.

Mañá martes haberá unha charla sobre adolescentes e as novas adicións. O xoves 28, Paz Filgueira Paz, xuíza do Xulgado de Familia de Vigo, impartirá outra titulada Igualdade e sociedade. O venres 29 disputarase un partido de fútbol con persoas con diversidade funcional e terán lugar unha exhibición de percusión con Son d'África e outra de danza africana con Tania Veiga. Rematarase cun concerto a partir das 13.00 horas.