El Correo Gallego

Noticia 11 de 49 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Arranca en Rianxo 'Na vila do mañá hai mulleres'

Pola esquerda, Sandra González, Adolfo Muíños e Carlos H. Fernández - FOTO: C.Rianxo
Pola esquerda, Sandra González, Adolfo Muíños e Carlos H. Fernández - FOTO: C.Rianxo

A.P.   | 05.07.2019 
A- A+

RIANXO O proxecto didáctico de carácter urbanístico 'A vila do mañá', creado e dirixido pola arquitecta Sandra González no ano 2016, celebrará a vindeira semana unha nova edición baixo o título 'Na vila do mañá hai mulleres'. Entre os días 11 e 14 desenvolveranse varios talleres con nenos e coa veciñanza da vila ao lado da capela de Rianxo, onde "construirán un espazo residual neste lugar no que se ubicaba unha farmacia", explicou Sandra. A idea é que aporten a súa visión sobre os espazos nos que viven. O día 12 haberá dous debates que estarán moderados polo arquitecto e Director da Escola Técnica Superario de Arquitectura da Coruña, Fernando Agrasar, e que versarán sobre servizo público e docencia e investigación. Intervirán dez mulleres arquitectas.