El Correo Gallego

Noticia 31 de 60 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Curso da USC en Rianxo sobre a cultura galega e a lusa

S.S.   | 23.05.2019 
A- A+

Rianxo. O auditorio de Rianxo acollerá do 25 ó 28 de xuño o curso de verán Galego, porta aberta para o mundo 2: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal, organizado pola Universidade de Santiago.

Compre destacar as últimas sesión de cada xornada: Facermos cultura, sobre cultura escrita e prácticas de resistencia (o proxecto Axóuxere de Roberto Abuín, editor); Se non podo bailar, non é a miña revolución (obradoiro de danza galego-portuguesa, con Carme Campo e Chus Caramés, de Andar cos tempos); Todas á escena (taller de teatro posdramático, con Afonso Becerra, profesor da Escola Superior de Arte Dramática), e Unha descida en paraquedas até a música que chaman culta (concerto didáctico de Xurxo Varela, profesor do conservatorio de Porto). A matrícula está aberta ata o 14 de xuño.