El Correo Gallego

Noticia 2 de 40 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Esta fin de semana celébrase a Festa de San Antón no Pazo

Eva Iglesias será pregoeira mañá e, o domingo, os fieis levarán a imaxe do santo ata o altar campestre

S.S.   | 30.05.2019 
A- A+

A localidade rianxeira de O Pazo celebra esta fin de semana a Festa de San Antón, que arrancará mañá venres coa actuación de Disco CDC e o pregón, á medianoite, da presentadora da TVG Eva Iglesias. Logo será o turno do grupo Alkar ata ás tres da madrugada, momento no que seguirá de novo a músca disco.

O sábado pola mañá haberá dianas e alboradas con Buxaina e sesión vermú con Panamá e, pola tarde, unha exhibición e un pequeno torneo de golf a tres buratos para todos aqueles que queiran probar a súa habilidade. A verbena amenizarana Panamá e Óbice. Xa o domingo, Buxaina fará un pasarrúas dende as 10.00 horas e, ás 12.30 horas, será o tradicional paseo de San Antón, no que a imaxe irá acompañada por unha banda de gaitas ata o lugar no que se oficiará media hora despois unha misa campestre, cantada polo coro Santa Baia.

Dende as 16.30 horas, os máis pequenos desfrutarán do parque Pazolandia nas leiras do Pereiro, con inchables acuáticos e, a partir das oito e media, unha divertida Festa da Escuma.