Miércoles 16.10.2019 Actualizado 19:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 23 de 60 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Limpan o treito interurbano do rego do Muíño na zona de Araño

S. S.   | 26.07.2019 
A- A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no rego do Muíño, en Rianxo. Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Araño.

As obras inclúen a retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas, o cauce quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas. O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa.

Con elas continúa mellorando os leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e tamén de uso social na contorna do río.