El Correo Gallego

Noticia 2 de 15 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Mellora de colectores para sanear Rianxo

Tamén está previsto que se realicen os traballos de ampliación da estación depuradora de augas

Rodeiro nos terreos para ampliar colectores - FOTO: XUNTA
Rodeiro nos terreos para ampliar colectores - FOTO: XUNTA

MARÍA CANO RIANXO   | 05.03.2019 
A- A+

O Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou onte a zona onde se van a iniciar as obras, esta semana, do colector interceptor e do tanque de tormentas no Concello de Rianxo que, por 4,8 millóns de euros, reducirán a contaminación.

O obxectivo desta acometida hidráulica é resolver os problemas derivados da elevada infiltración de auga nas redes de saneamento do municipio, a través da súa redución mellorando o estado dos colectores principais e a súa xestión grazas á regulación dun tanque de tormentas. Este gasto está financiado nun 80 % polo programa operativo europeo Feder.

A importancia desta actuación radica non só no feito de mellorar un servizo a máis de 23.000 habitantes, senón tamén no obxectivo de recuperar zonas degradadas pola contaminación da costa, e aumentar a competitividade económica e o fomento do turismo.

Asemade, está previsto que se leven a cabo as obras de ampliación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Rianxo, por un importe de 7,5 millóns que tamén está financiada nun 80 % polo programa Feder.


saneamento ría. Para mellorar a calidade das augas de Rianxo e no espazo no que se integra, Augas de Galicia redactou o Plan de saneamento da ría de Arousa.

En setembro do 2017 asinou un convenio de colaboración co Concello para a execución das obras de mellora dos sistemas de saneamento e depuración. No marco deste acordo acometeranse os traballos cun importe global para ambos proxectos que ascende a catorce millóns de euros.