El Correo Gallego

Noticia 4 de 76 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Muíños preside a asociación de entidades locais polo galego

SUSO SOUTO   | 14.02.2020 
A- A+

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, foi elixido presidente da recén creada Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega. Xunto con representantes dos municipios de Narón, Ames e A Coruña, todos eles integrantes do citado colectivo, reuniuse ca deputada provincial da área de Lingua, María Muíño, para presentarlle os obxectivos dunha entidade na que se agrupan xa dezasete concellos de toda Galicia.