El Correo Gallego

Noticia 39 de 68 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

RIANXO

Promoven o uso do galego nos actos funerarios

M. T.   | 24.10.2019 
A- A+

Co gallo da celebración do Día de Defuntos, o Concello de Rianxo organiza o día 31, ás 17.00 horas, un acto no cemiterio municipal co que se pretende promover o uso do galego nos actos funerarios. Para iso, convidan á veciñanza a que lea as súas propias mandas testamentarias. Ademais, os asistentes poderán asinar unha declaración de vontade de ser despedidos en galego.