Miércoles 16.10.2019 Actualizado 18:35
Google    

El Correo Gallego

Noticia 28 de 60 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

RIANXO

Remata hoxe a Guadalupe coa Noite das Bengalas

S. S.   | 20.09.2019 
A- A+

O municipio de Rianxo encara a recta final das súas emblemáticas Festas da Guadalupe. Na xornada de hoxe venres haberá Festa da Escuma na Praza de Castelao a partir da unha da tarde; ás dez da noite terá lugar a sétima edición do festival Rianxo on Fire, na Praza da Igrexa, coa actuación dos grupos Hernia Eskrotal, Copa Turbo Glitchgirl, Nüca e The Conspiracy; ás once será a verbena infantil, con baile, agasallos e sorpresas no Cabo da Vila, donde media hora despois se celebrará o concerto de Pakolas. E, ás dúas da madrugada, xa do sábado, milleiros de persoas desfrutarán da gran traca final, na Praza de Castelao, coa Noite das Bengalas, o multitudinario canto da Rianxeira e a verbena coas orquestras Charleston, Alkar e Metrópolis.