El Correo Gallego

Noticia 3 de 57 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Rianxo acolle un musical de 50 persoas con discapacidade

S. S.   | 30.05.2019 
A- A+

O grupo de teatro inclusivo da asociación Aspas representará no auditorio municipal de Rianxo a obra Peter! Voamos!, dentro do seu proxecto Abrindo os ollos ó mundo. A función terá lugar este sábado día 1 a partir das 21.00 horas.

Trátase dun musical protagonizado por medio cento de persoas con discapacidade intelectual.

Kiko, un profesor prexubilado, aventurouse a dirixir esta peza e pronto se uniron ó seu proxecto mozos estudantes que colaboran cos actores nos ensaios, nas postas en escea, na memorización dos guións...

As entradas son de balde ata completar aforo, retirándoas dende unha hora antes do comezo do espectáculo (un máximo de dúas por persoa).