El Correo Gallego

Noticia 34 de 68 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Rianxo dalle contido á casa de Dieste co mobiliario orixinal

Unha vez restaurada, estase a musealizar con camas, armarios ou o centenario piano do autor

O piano de Dieste, da marca Ortiz & Cusso, foi restaurado e xa está na casa-museo - FOTO: C. B.
O piano de Dieste, da marca Ortiz & Cusso, foi restaurado e xa está na casa-museo - FOTO: C. B.

SUSO SOUTO   | 03.12.2019 
A- A+

O Concello de Rianxo ten previsto abrir o vindeiro ano ó público a casa-museo do escritor local Rafael Dieste, sita na rúa de Abaixo (preto das de Castelao e Manuel Antonio) e na que naceu, viviu e morreu.

O inmoble xa se atopa restaurado, despois dun investimento de medio millón de euros (incluidos os 150.000 que custou mercarlla ós herdeiros, que residen en América). Estes días estanse a instalar os radiadores e xa se empezou a enchela de contido co mobiliario orixinal da familia, formado por varias camas, armarios, unha mesa-camilla con sillas a xogo e mesmo o piano do autor, da marca catalana Ortiz & Cusso, que data de principios do século XX e que se atopa en moi bo estado.

De feito, o alcalde, Adolfo Muíños, dixo que o instrumento "protagonizará unha sorpresa musical no seu día". Non só Dieste era afeccionado a tocalo; tamén o eran varios familiares seus, sobre todo a súa sobriña Mireya, que morreu na Coruña en 2015 con 99 anos.

Tamén lle están aplicando un tratamento á ma- deira de todos os mobles, que durante anos estiveron gardados nun almacén municipal. Ademais, consérvanse varias fotos e cadros.

Pero existe unha testemuña da vida dos Dieste. Trátase de Teresa Martínez, que conta con 103 anos e vive en Asados. Ela traballou na casa como coidadora da mesma e moi pronto volverá alí para contar en primeira persoa como lembra aquela época que compartiu coa familia.

A casa de Manuel Antonio abriuse como museo no ano 2011. En canto á de Castelao, as conversas que levan a cabo directamente a Xunta de Galicia cos seus donos (a familia Baltar) están estancadas, segundo o rexedor, quen recoñece que os plans para musealizala "son palabras maiores".