El Correo Gallego

Noticia 35 de 48 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Rianxo expón o borrador sobre emerxencia social

S. S.   | 01.04.2019 
A- A+

O Concello de Rianxo vén de someter a exposición pública o borrador da ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social. O executivo local solicita a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da mesma e as medidas alternativas regulatorias. Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no prazo de quince días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do correspondente anuncio na páxina web municipal (é dicir, dende onte).