El Correo Gallego

Noticia 48 de 48 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Rianxo proxecta complementar cun módulo de alzhéimer o centro de día

Ca inminente compra do Pazo de Rianxiño ábrese a posibilidade e, a Xunta, apoiaríao

Fabiola García e o alcalde Adolfo Muíños - FOTO: Xunta
Fabiola García e o alcalde Adolfo Muíños - FOTO: Xunta

S. S.   | 20.02.2019 
A- A+

Rianxo. No transcurso da vindeira semana, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, terá xa sobre a súa mesa o informe económico sobre as ofertas bancarias para a contratación dun crédito por importe de 1,6 millóns de euros para a adquisición do Pazo de Rianxiño, con vistas a instalar nel un centro de día. O rexedor agarda firmar a compra do inmoble no mes de marzo.

Pero, para complementar dito servizo, proxecta tamén a instalación dun módulo para persoas con alzhéimer, de tal xeito que os dous mesmo poderían compartir algúns espazos.

O executivo xa recibiu hai un ano unha proposta de convenio de Agadea para intentar poñer en marcha esa dotación asistencial na vila, pero a falta dun local axeitado fixo que se aparcase. Agora, dado que a superficie do pazo si o permitiría, volve estar en estudo.

O mandatario municipal reuniuse esta semana ca titular do departamento autonómico de Política Social, Fabiola García, que se comprometeu a estudar o apoio con prestacións públicas ós usuarios dos dous futuros centros. Por outra banda, a conselleira dixo que a Xunta elevou ata case 37.500 as horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar no municipio (un 48,3% máis).