El Correo Gallego

Noticia 28 de 31 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Teresa Martínez cumpriu 102 anos o sábado en Rianxo

E. P. RIANXO   | 14.05.2019 
A- A+

Teresa Martínez, veciña do lugar de Montegrande, na parroquia rianxeira de Asados, cumpriu 102 anos o pasado sábado rodeada dos seus familiares. Tamén acudiron a celebración do aniversario o rexedor da vila, Adolfo Muíños, e a tenente de alcalde, Adelina Ces, a quen lles contou "historias da casa de Rafael Dieste, onde traballou servindo, así como de Carmen, a dona", destacou o mandatario local.