Miércoles 16.10.2019 Actualizado 19:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 25 de 60 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Verdegaia enviará hoxe a Bexo a 50 brigadistas para retirar eucaliptos

S.S.  | 17.08.2019 
A- A+

Rianxo. Un ano despois da primeira intervención do colectivo Verdegaia para retirar eucaliptos no castro de Bexo, en Rianxo, e 5 meses despois do incendio que queimou máis de mil hectáreas neste concello e no de Dodro, 50 brigadistas repetirán hoxe eses trabalos en colaboración ca comunidade de montes da Cruz do Avelán (Dodro), a asociación veciñal San Xoán de Laíño e a entidade Unidade Veciñal de Dodro.

As tarefas, consistentes en eliminar os rebrotes de dita especie, comezarán ás dez da mañá, partindo do parque da Cruz do Avelán, onde posteriormente se celebrará a festa de albaroque.

O castro de Bexo, tamén coñecido como As Murallas, está catalogado por Patrimonio e é un dos asentamentos máis grandes de toda a zona, pola súa posición estratéxica. Os comuneiros acordaron a súa recuperación, redactando un proxecto de xestión arqueolóxica que inclúe a erradicación de eucaliptais en todo o seu perímetro. Nos últimos anos fixéronse  varias intervencións similares. O responsable do plan de xestión arqueolóxica deste xacemento é o arqueólogo Carlos Otero-Vilariño, coeditor do Atlas arqueolóxico da paisaxe galega.