El Correo Gallego

Noticia 13 de 14 noticia anterior de Rianxo Área de Compostela » Rianxo

Youtubeiros de Rianxo van impartir tres obradoiros

S.S.  | 22.02.2019 
A- A+

Rianxo. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organiza un obradoiro de creación de vídeos para a plataforma Youtube. Celebrarase en tres sesións, previstas para os sábados días 23 de febreiro e 9 e 16 de marzo, de 10.00 a 12.00 horas.

As actividades terán lugar na aula de informática do auditorio e exercerán como docentes os youtubeiros rianxeiros Miguel Silva (do canal Aquel-e) e Román Castaño (As cousas do choio), quenes se encargarán da formación en creación de vídeos coa idea de que as persoas asistentes coñezan ou melloren as prestacións que a popular plataforma lles pode ofrecer: divulgar as súas afeccións, mellorar a visibilidade dun negocio, etc.

Van dirixidas a mozos e mozas maiores de 14 anos. As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata hoxe enviando un correo electrónico ó enderezo normalizacion@concelloderianxo.gal ou chamando ó teléfono 881 988 891.