El Correo Gallego

Noticia 135 de 147 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Abre os prazos de reserva a escola infantil ribeirense

Dende o venres poden renovarse matrículas e o novo alumnado debe agardar ó 20 de marzo

S.S.   | 26.02.2019 
A- A+

Ribeira. O Concello de Ribeira vén de facer públicas as datas para a reserva, preinscrición e matrícula na Escola Infantil Municipal para o curso académico 2019/2020. O período para a renovación de prazas para alumnos que xa están matriculados será do 1 ó 15 de marzo. As solicitudes de anotación de novos rapaces e rapazas será do 20 de marzo ó 24 de abril.

A publicación das listas provisionais de admitidos farase o día 16 de maio.

As reclamacións poderán realizarse durante dez días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación. En canto ás listas definitivas, coñeceranse o venres 31 de maio.

Por outra banda, o momento de poder confirmar as matrículas, tanto para os que fixeron renovación como para os que formalizaron inscrición, será do 3 ó 19 de xuño, no departamento de Servizos Sociais, sito na Praza Oito de Marzo (na urbanización Mirador de Padín). Tamén alí será posible obter información previa, recollida de impresos para a solicitude e confirmación de trámites.

Os interesados en obter máis detalles ó respecto poden chamar ó número de teléfono 981 874 131 de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.30 horas.

A recollida de impresos pode facerse asimesmo no Rexistro do Concello ou a través da páxina web municipal (www.riveira.es).