El Correo Gallego

Noticia 53 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Achega de Deloa para actuar en Castro da Cidá

Xacemento arqueolóxico de Castro da Cidá - FOTO: C.G.
Xacemento arqueolóxico de Castro da Cidá - FOTO: C.G.

M.C. RIBEIRA   | 11.07.2019 
A- A+

O Concello de Ribeira veu confirmada a concesión dunha axuda de fondos Leader xestionados pola asociación Deloa para seguir escavando o xacemento arqueolóxico de Castro da Cidá a través dunha nova intervención que se centrará na muralla do recinto superior do poboado. O proxecto ascende a 226.575 euros e a achega de Deloa é de 86.417 euros. A actuación focalizarase nun dos parapetos e, ademais da escavación propiamente dita, inclúe a restauración e consolidación desta área e a posta en marcha dun plan de divulgación que comezará dende o mesmo momento en que se inicien os traballos de campo. Os traballos terán unha duración aproximada de dous meses.